Mitin en Vigo

nun acto de campaña no Centro Cultural Caixanova que superou tódalas previsións de asistencia, o que non evitou que novamente centos de persoas optasen por congregarse nas portas para escoitar o discurso.

Recortar en liberdades

“Quedan menos días para poder anunciar que derrotamos ao goberno de Feijóo”. Chelo Martínez e Juan Fajardo foron introducidos pola xovencísima terceira candidata provincial, Eva Solla, que recordaba o vivido nestas case dúas semanas de campaña, as ducias e ducias de actos, as xuntanzas con colectivos sociais e plataformas, ese escenario de movemento silencioso que se transformou en ruxido.

Chelo Martínez felicitou a xente por coller sitio, ninguén agardaba éxito de convocatoria tal. A candidata viguesa foi a encargada de poñer ao auditorio en situación, explicou a emerxencia do país en termos perfectamente comprensibles, as cifras e as consecuencias dos recortes en cada área, como afectarán en futuro e como afectan a día de hoxe.

“A nosa cultura nos define como pobo, hai que paralos xa, antes de que sigan adiante, nos están recortando liberdades”. Chelo Martínez denunciou publicamente os plans do Goberno para cambiar a lei de folga, a de reunión e manifestación, para legalizar a censura prohibindo “aos medios emitir imaxes da policía cargando contra os manifestantes, que converte ao sistema nunha ditadura parlamentaria.” Cambios cualificados de ideolóxicos por non responder a criterios económicos.

Juan Fajardo recordou que a rúa estaba ateigada de xente escoitando o discurso. O vilagarcián dixo que a mobilización social crecerá e acabará botando de Europa a clase política que non é digna de gobernar, ” xogámonos moito, xogámonos o noso futuro e o dos noso fillos”.

Dereito a ser

Yolanda Díaz foi a seguinte en tomar a palabra, “a democracia non é soamente votar cada catro anos, a democracia é ter dereito a unha vivenda digna, a un traballo, a un salario digno, dereito a sanidade, ter dereitos”. A avogada ferrolá defendeu unha democracia extensiva, aberta, e pasar dos recortes á apertura como saída da situación actual.

A candidata chamou a defensa da democracia o día 21 de outubro, apostando pola Alternativa, para as terras, para os montes para as persoas. “Hai moito que cambiar, converteron os recursos naturais en negocios privados e agora fan pagar un recibo a todos por algo que nos pertence”.

A ponte coa sociedade civil

O profesor Xosé Manuel Beiras defendeu Alternativa Galega de Esquerda como a ferramenta ponte para levar as propostas da sociedade civil ao Parlamento. “As organizacións políticas dinamitaron ese nexo e se converteron en aparatos quebrados”. O Beiras quere retroalimentar o movemento cívico para que creza e sexa cada vez máis grande.

O candidato, combativo e crítico, defendeu que a economía galega pode e debe rearmarse para sobrevivir no mundo. “Hai alternativa para tódolos segmentos do sector industrial”; a minería, un sector punteiro na transformación da pedra, que deixaron sen actividade;  o sector pesqueiro; o sector gandeiro; os recursos enerxéticos que se explotan de maneira privada, como no caso dos eólicos, onde as “comunidades de veciños deben participar da xeración e ter beneficios da explotación”.

O profesor Xosé Manuel Beiras concluíu entre os aplausos do público, parafraseando cun “ven e vota, agora máis que nunca, a Alternativa Galega de Esquerda”.

 

Relacionados