Apoio as demandas do Castrillón

 

Esquerda unida apoia aos veciños e veciñas do Castrillón nunhas reivindicacións que considera xustas e coherentes. Como a urxencia da aprobación da licitación do polémico complexo deportivo que será xestionado publicamente por EMVSA, ou a tan necesaria construcción da residencia para maiores, proxecto que leva cinco anos parado e que necesita que o concello ceda a Xunta de Galicia unha parcela de 9000 m2 situada atrás do IES Monte das Moas.

 

Así, o consello comarcal de EU Coruña reafirmase na defensa das demandas da veciñanza do barrio, compromiso acadado na xuntanza de febreiro coa AAVV e na Asemblea de Barrio desenvolvida en maio. Fitos nos que Esquerda Unida comprometeuse, ademais de promover a construcción da residencia da terceira idade e a piscina demandada pola veciñanza dende fai anos, a acelerar os tramites burocráticos para comezar coa urbanización dos dous polígonos pendentes e a desenvolver discriminación positiva no barrio para igualalo ao resto en canto a equipamentos e mantemento (asfaltado das rúas en mal estado, a conservación do mobiliario urbano e das zonas verdes ou a limpeza de escombros e desbrozado de maleza nos terreos abandonados). Asemade de pular pola renovación da Praza de Pablo Iglesias, a apertura das rúas para mellorar a mobilidade xunto coa ampliación das liñas de bus, a construcción dun parking na r/. Oleoducto cando Repsol se traslade ao porto exterior e a creación de sendas verdes que conecten o parque de Eiris co parque de Oza. 

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “demostraremos con feitos a nosa aposta pola participación cidadá, a diferenza de outros que so a nomean durante as eleccións, estamos plenamente convencidos que ninguén mellor que a veciñanza para coñecer as carencias e necesidades do seu barrio, pero a dita participación debe facerse de forma democrática a través de Asembleas de barrio con poder de decisión mediante orzamentos participativos, non a través de estruturas clientelistas, como semella pretender instaurar o Goberno municipal cos concelleiros de barrio, figuras interesantes tan so si a súa función é apoiar os procesos democráticos na toma de decisión dos barrios.

Relacionados