Xuntanza coa AV de Esteiro

 

Unha delegación de Esquerda Unida encabezada por Yolanda Díaz e Javier Galán abordará coa directiva da entidade veciñal o catálogo de temas e necesidades do barrio. Aos frecuentes contactos coa entidade veciñal súmase esta reunión para tratar das últimas cuestións do barrio, cara a su ulterior incorporación o programa electoral participado que Esquerda Unida está a ultimar nestas semanas.

Son moitas as cuestións formuladas por EU e que atinxen a este barrio. Nas negociacións para aprobar o orzamento de 2011, Esquerda Unida conseguiu incorporar a reurbanización das prazas do barrio José Couso e Vítimas do 11 de Marzo. Tamén se consignou, a demanda da nosa organización, unha partida orzamentaria para mercar o inmoble alcumado Forno Bellón, para a súa adicación a centro social do barrio.

 

Nas últimas semanas a entidade veciñal mobilizou o tecido social de Ferrol para reclamar da Xunta de Galicia o cumprimento dos acordos co anterior bipartito, en particular a consecución da escola infantil de Esteiro.Demanda na que está a participar EU.

 

A nosa organización está certa do valor do traballo social da asociación veciñal cara a garantir servizos ee quipamentos axeitados para o barrio, asemade de fornecer ao tecido social ferrolá.

 

Relacionados