Comparecencia Luis Piña

 

Recordemos que o Regato da Venda desemboca no río Tea misturado con augas residuais. Foi despóis da movilización dos veciños de Canedo, que pedían a separación das augas limpas do regato das augas residuais cando finalmente Luis Piña, deputado do PSOE, se comprometeu públicamente a acometer esta obra.

 

Seis meses despóis e logo de centos de notas de prensa nas que se anunciaba que se iva a utilizar unha tuneladora para levar o Regato da Venda, libre de augas residuais ata o rio, nada está feito.

 

Moito nos tememos que, dada a relevancia pública acadada pola movilización dos veciños de Canedo, que chegaron a ser agredidos pola policía por tentar de impedir que se construíra a rotonda de Canedo enriba do regato, a promesa de separar as augas do Regato da Venda das augas residuais, non foi máis que unha maniobra electoral.

 

Esquerda Unida denuncia que a obra da rotonda de Canedo foi unha chapuza posto que ao estar feita enriba da unión do regato coas tuberías que levan augas residuais, ven a dificultar aínda máis a separación das augas.

 

Para González Lago, esta situación é responsabilidade tanto do goberno do PSOE, posto que a obra da rotonda foi realizada polo Ministerio de Fomento, como do PP de Ponteareas por ser incapaz de aprobar un PXOM para Ponteareas que podería evitar este tipo de situacións.

Relacionados