Aprobación listaxes contratación

 

Santiago de Compostela, 3 mayo de 2013.- Os distintos grupos parlamentarios votaron a favor da Proposición non de lei presentada pola deputada de Alternativa Galega de Esquerda, Eva Solla, na que se insta á Consellería de Sanidade a facer públicas as ordes de chamamento das listaxes de contratación temporal para as diferentes categorías do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) a través das súas sedes físicas e a páxina de internet establecendo unha actualización diaria das mesmas. O grupo parlamentar do PP presentou unha enmenda na que se pedía ademais “continuar coa implantación do E-expediente”, que foi aceptada polo grupo de AGE.

A contratación do persoal eventual do SERGAS realizase ao traverso das listaxes de contratación polas Xerencias de atención primaria e hospitalaria das diferentes Areas sanitarias. O chamamento de persoal para a súa contratación debe realizarse pola orde de puntuación establecida nas listaxes pero a realidade é que non existe ningunha publicidade da orde de chamamento polo que o persoal non pode coñecer de maneira pública e oficial o posto da listaxe ao que se lle concedeu o último contrato. Desde AGE denunciaban que este feito atentaba gravemente contra a transparencia nas contratacións. Esta petición era ademais unha das reivindicacións dos profesionais xa que entre outras cuestións dificulta a conciliación na vida das traballadoras e traballadores eventuais que deben estar pendentes en todo momento dunha posible chamada.

 

 

 

 

 

Relacionados