Denuncia albergue

 

Para ESQUERDA UNIDA unha vez mais o goberno municipal e Xunta de Galicia optan por solucións populistas para o edificio da Gota de Leite obviando unha realidade social que vivimos na nosa cidade. ESQUERDA UNIDA DE VIGO recorda ó goberno municipal que a situación social dos indixentes na nosa cidade é crítica, sobre todo nun contexto de crise económica e aumento do desemprego.

 

Para EU as administracións teñen que establecer un plan de emerxencia social que priorice investimentos, e os recentes falecementos de personas sen teito na nosa cidade amosan que non se fai absolutamente nada para solventar este problema. Sen negar a necesidade dunha rede de garderías públicas, a ubicación dunha neste espacio non vai solventar un déficit endémico de plazas que temos na nosa cidade polo que pide que antes de facer pequenos parches populistas e de cara ós medios se firme entre Xunta e Concello un PLAN DE REDES DE GARDERIAS PÚBLICA cofinanciado pola dúas administracións e cun estudo previo das necesidades de prazas de garderías nos barrios da cidade.

 

EU solidarizase coa REDE SOCIAL GALICIA SUR que tanto tempo leva demandando un uso do edificio da Gota de Leite como espacio para a atención destra gave alarma social e de exclusión que vivimos en Vigo dende fai moitos anos.

 

 

Relacionados