Desafección terreos militares

 

A nosa organización xirou hai xa varias semanas unha visita e reunión coa asociación veciñal de Esteiro xunto co noso deputado Gaspar Llamazares, ao obxecto de avanzar  no coñecemento das propostas veciñais para conquerir a devandita desafección.

 

A nosa organización acredita a súa convicción acerca de que ten que ser Esteiro o espazo onde afincar o futuro do desenvolvemento do campus universitario.

 

O campus universitario reúne as cualificacións de importancia e urxencia para que a nosa cidade conte xa cunha planificación das necesidades de espazos para amplialo, e nesa planificación as actuais instalacións militares sitas no barrio xogan un papel protagonista. Instalacións que non teñen na actualidade senón unha función residual, e instalacións que son vitais para estender o espazo actual da universidade.

 

O cuartel de Dolores, o cadro pequeno de Esteiro, a residencia chamada do Coronel e maila parcela do INVIFAS constitúen un ámbito espacial propicio para realizar neles a ampliación e desplegue do noso campus universitario

 

Cómpre non minusvalorar o impacto extraordinariamente positivo que ten para a nosa cidade contar cun reforzado e ampliado campus universitario. Os impactos de dinamización social, económica e mesmo cultural para a nosa cidade  derivados da ampliación do campus son evidentes e dende as administracións públicas hai que fornecelos.

Relacionados