ruben perez.jpg - 4.56 Kb

Desaparición de pancartas

 

 

Para ESQUERDA UNIDA esta operación coordinada de retirada de 21 pancartas simultáneamente en numerosos puntos da cidade está perfectamente orientada a evitar a visualización e censurar a presencia social e política que ESQUERDA UNIDA acadou nesta campaña. Forma parte do xogo sucio dos que por enriba disto malgastan miles de euros en propaganda desaforada.

 

EU considera que o xogo democrático non poderá ser silenciado por actitudes como esta e a cidadanía será a que castigará nas urnas estes comportamentos antidemocráticos

 

EU presentará mañá martes 17 ás 12:00 horas en XUNTA ELECTORAL DE VIGO unha denuncia pola desaparición de 21 pancartas no termo municipal, feito similar que acaban de denunciar os nosos compañeiros e compañeiras de Ponteareas

Relacionados