vigo.gif - 5.74 Kb

Xuntanza con Rede Galicia Sur

 

O representante da Rede, que lembrou que naceu en 2005 como Foro Social Galicia Sur,  explicou a doble vertente de traballo que realizan: por unha banda o compromiso social na nosa cidade cos máis desfavorecidos e por outro a cooperación internacional.

Respeto á problemática social na cidade de Vigo a Rede destaca o problema da carencia dun albergue en Vigo ata o de agora. Reflicten que é positivo que xa este aprobado, pero o seu plantexamento resulta insuficiente, xa que é necesario que o servicio sexa un centro de inclusión social e non un mero albergue. Neste punto coincide plenamente Esquerda Unida, que ademáis continúa defendendo como ubicación o edificio da Gota de Leite, no que os investimentos necesarios eran moi inferiores do que agora se precisaría por tratarse dun edificio que xa estaba acondionado para tal uso. Por outra banda, Rubén Pérez reflectiu que o centro debe ser público, o que aseguraría igualdade no acceso ás persoas en situación de exclusión social. O representante da Rede lembrou que as persoas sen fogar non deben ser instrumento de batalla electoral.

A nivel de cooperación internacional Esquerda Unida propón que a `partida orzamentaria para este fin sexa de alomenos un 1% dos ornamentos municipais (actualmente non chega ao 0.1%, incumplindo pois o obxetivo do 0.7%). Outra das propostas é a creación dunha concellaría delegada da Paz,Solidariedade e Dereitos Humanos encargada de xestionar os recursos e traballar coas ONG´s e asociacións que operan no noso Concello, así como de concienciar mediante campañas á cidadanía da importancia de este traballo, algo totalmente necesario según a Rede Social Galicia Sur, que se queixan do desinterés de algunhas autoridades locais que dificultan o mantemento do Consello Local de Cooperación Internacional e Solidariedade do Concello de Vigo e a difusión do proxecto de sensibilización que se  realizou no ano 2010 así como o de 2011 programado para os meses setembro-decembro 2011 (exposicionpuertas.org) .

Rubén Pérez destacou tamén o bo funcionamento en Educación para o Desenvlovemento e Cooperación que están a ter os Concellos onde goberna Esquerda Unida no estado Español e comproteuse a levar estas propostas á practica se sae electo nos vindeiros comicios. Por outra banda invitou á Rede a continuar a colaboración con Esquerda Unida tras as municipais.

Relacionados