En Marea comprométese co rescate dos servizos públicos na presentación da candidatura de Pontevedra

En Marea reclamou o rescate para á cidadanía dos servizos públicos de carácter esencial e de xeito especial da Sanidade pública acabando coas privatizacións de Núñez Feijóo que “con tanta intensidade están a padecer en Vigo e provincia de Pontevedra”. “Feijóo non sabía xestionar e por iso tivo que privatizar por non saber, pero nós temos homes e mulleres competentes, rebeldes competentes capaces de facelo e facelo ben. Temos as listas preparadas para gobernar, para lograr o cambio transformador fronte a un Feijóo que nos negou o dereito á felicidade urbana, á cidade como espazo de liberdade, de dereitos e onde construír o benestar, privatizando servizos públicos e deixando á xente polo camiño e sen oportunidades” explicou o candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Luís Villares.

A número 3 da candidatura por Pontevedra, Eva Solla, denunciou a incompetencia do goberno do Partido Popular “que en oito anos non foi quen de dar resposta as necesidades dun pobo limitouse á privatizar para os amigos e amigas”. “Nós queremos traballar contra o que representa o espolio do público. Temos un goberno que leva por diante absolutamente todo. Nestes meses somos xa a comunidade autónoma que acumula máis accidentes laborais e mortes no traballo no que vai de ano, non queremos un país onde as mulleres e homes se xoguen a vida para poder traballar. Queremos un país onde podamos traballar con dignidade e onde as mozas e mozos non  teñan que emigrar” sinalou.

Relacionados