Descargas decontroladas no porto

 

O espallamento dunha nube branca sobre o peirao e os restos diseminados logo polo transporte en camións sen toldo supoñen sen dúbida algunha un xeito de pór en perigo a saúde pública da cidadanía ferrolá.

 

Esquerda Unida considera necesario extremar a vixiancia destas descargas e transportes subseguintes mediante unha acción de control específico exercido dende o Goberno Municipal, mediante unha interlocución esixente coa Autoridade Portuaria e mediante a ferramenta que supón a policía municipal. O noso Grupo formulará na vindeira comisión, dado que esta semana suspendéronse as comisións ordinarias, unha demanda nese sentido.

 

O Goberno ten que reclamar de xeito efectivo diante da Autoridade Portuaria que esta exerza as labores de control requeridas para evitar pór en risco a saúde pública das persoas que vivimos en Ferrol. A descarga, todas as descargas, teñense que facer de xeito que non se espallen nubes con materiais que non poden causar ben algún a saúde de todas e todos nós.

 

Logo o Goberno Municipal ten que controlar o tráfico dos camións que saen e entran a Autoridade Portuaria para que vaian toldados de xeito que non se produzan fugas aéreas dos materiais transportados, que sexan chatarra, clínker ou carbón son sempre nocivas para o ar que respiramos.

 

Esquerda Unida pídelle ao Goberno Municipal que faga seu o compromiso máis esixente en orde a garantir a saúde pública da veciñanza.

Relacionados