Moción para incluír como grupo prioritario de vacinación de Covid19 ás traballadoras de axuda a domicilio

O Plan Galego de Vacinación fronte ao Sars-COV2 iniciouse a principios de 2021 coa vacinación das persoas residentes e traballadoras dos centros de maiores, continuando, tras a segunda recepción de vacinas, polo grupo de persoal sanitario considerado de primeira liña. Esquerda Unida entende que a Xunta de Galicia debera incluír de xeito prioritario ás traballadoras de axuda a domicilio no plan de vacinación coma obxectivos inmediatos das seguintes vacinas.

A situación de envellecemento e dependencia está a facer que cada vez máis galegas e galegos precisen axuda para realizaren actividades básicas nos domicilios. Este papel está a ser cuberto moitos casos por traballadoras subcontratadas polos concellos que visitan diversos domicilios de persoas vulnerables ao día.

É precisamente a precariedade coa que traballan e a cantidade elevada de domicilios que fan diariamente o principal motivo polo que deberan ser unha prioridade na vacinación, tal e como xa se fixo en outras Comunidades como Aragón.

A exposición destas persoas ten un alto risco de infección ao mesmo tempo que de ser un vector da enfermidade, con visitas diarias e domicilios, principalmente de persoas maiores susceptibles de contaxiarse facilmente de Covid-19, motivos suficientes para incluílas como grupo prioritario.

Por todo o anterior, o Grupo Municipal de…………………………………..   propón ao Pleno a adopción do seguinte

 

ACORDO:

 

O Concello de ……………………………………….. insta á Xunta de Galicia a:

A que inclúa como grupo prioritario no plan de vacinación, das seguintes vacinas, ás traballadoras de axuda a domicilio.

Relacionados