Nas mobilizacións galegas, pola #SanidadePública

 

Exemplos do desmantelamento da nosa sanidade dende o PP os atopamos diariamente nos xornais, en novas que asumen que o sistema sanitario camiña nunha senda de privatización. As críticas do peche de ata 1.200 camas este verán, a negación de medicinas aos enfermos, ou a dura situación das residencias da terceira idade súmanse ás demandas que vén recollendo dende fai anos a deputada de AGE Eva Solla, quen xa levou ao Parlamento en reiteradas ocasións “a clara intención do goberno galego de continuar na senda privatizadora cunha actuación máis propia dun comercial que trata de vender ás empresas o sistema sanitario para facer negocio coa nosa saúde”.

Dende Esquerda Unida recalcamos a clara liña de aposta pola privatización da Xunta de Galicia pese que esta é negada unha e outra vez nas súas declaracións públicas, a realidade e os feitos deixan en evidencia a folla de ruta marcada polo goberno galego que pasa por entregar as empresas privadas o sistema sanitario público para que podan facer negocio a costa da saúde da cidadanía.

 

Relacionados