A presentación das candidaturas o Congreso e o Senado de Esquerda Unida na provincia de Ourense tivo lugar na cafetería Grândola.
O acto comezou cas verbas do coordinador comarcal J.Manuel Gutierrez que lle cedeu a palabra á candidata o Congreso dos Deputadas Sofía Díaz quen esbozou o programa electoral da organización que desta vez presentase en coalición cos verdes .
A candidata por Ourense fixo fincapé na importancia das propostas de EU nesta cita electoral, xa que “Esquerda Unida é a verdadeira forza de esquerdas capaz de crear unha saída real e social desta crise capitalista”. As propostas como ben se explicou están vertebradas por 6 eixes que divídense en: revolución económica para cambiar o modelo productivo; a revolución democrática que mudará a inxusta lei electoral, a revolución ambiental en prol da preservación do medio natural no que vivimos; a revolución polo servizos públicos para que a clase dominante non nos arrebate as conquistas logradas pola clase obreira; a revolución pola igualdade, xa que aínda nos queda moito camiño que facer para acadar a equidade entre todas as mulleres e os homes sexa cal sexa a súa orientación ou condición; a revolución da cultura, porque esta non é un negocio e porque a cultura ten que ser patrimonio de todas e todos non mercadoría alienante o servizo de intereses privados. Por todos estes cambios e en contra de todas as reformas que debilitan o Estado e a clase traballadora di basta! Outro mundo mellor é posible. Rebélate!
Candidatura o Congreso:
1- Mª Sofía Díaz Gómez.
2-José Antonio Villar Blanco.
3-Fernanda Cedrón Trigo.
4-Jon Sáez García.
Suplentes:
1-Victoria Diéguez Guerrero.
2-Juan Victor seara Gago.
Candidatura o Senado:
-Manuel Peña-Rey Bouzas.
-Marta Elena Cuesta Abad.
-Daniel Calles González.
Suplentes:
1-Ángela Álvarez Cid.
2-Juan Carlos Gómez Álvarez.
3-José Carlos López Losada.
4-Marisa Lorenzo Iglesias.
5-Aristides Álvarez Arce
6-Mª de los Ángeles Rodriguez Amado.