Pregunta cénit do petróleo

 

Diversas publicacións como Le Monde, The Guardian, Die Zeit ou o investigador Lionel Badal na súa comparecencia diante da Comisión Europea o 17 de maio de 2010, indican que en 1998 a AIE descubriu que a partires do 2014 a oferta mundial do petróleo comezaría a diminuír irreversiblemente. Pero debido a presións das autoridades estadounidenses a AIE estivo a terxiversar a información facendo crer aos gobernos da OCDE que existía petróleo “non identificado” que cubriría o crecemento da demanda. A realidade amósanos que ese suposto petróleo “non identificado” aínda non esta dispoñible pese a que segundo os informes da AIE xa debería estar no mercado.

 

Cada vez son máis os científicos que están a afirmar que nos atopamos no cénit ou teito do petróleo como xa adiantara o xeofísico estadounidense Marion King Hubbert no seu famoso discurso de marzo de 1956 na convención anual do American Petroleum Institute, en San Antonio, Texas. Segundo estas informacións a oferta de petróleo deixará de crecer e comezará un continuo descenso coa peculiaridade que cada barril de petróleo faise, progresivamente, máis difícil de extraer ata que a produción deixe de ser rendíbel baixo o feito de que o factor limitador da extracción de petróleo é a enerxía requirida.

 

Na actualidade a hipóteses Hubber convértese nunha teoría amplamente aceptada na comunidade científica e na industria petroleira, o que na práctica significará o descenso de produción que provocará o conseguinte desabastecemento da demanda e a suba de prezos, no que se ven a chamar a crise enerxética.

 

Estas prespectivas, agravadas pola evidencia que a demanda mundial crece expoñencialmente por mor da incorporación das economías emerxentes como China, India ou Brasil, indican que o modelo actual baseado na economía global dependente do petróleo non é sustentábel.

 

Diante desta situación, Esquerda Unida ven de desenvolver unha batería de preguntas parlamentarias, mediante o seu voceiro no Congreso dos Deputados, Gaspar Llamazares.

 

Transcrición das preguntas:

 

1) Coñece o Goberno as presións estadounidenses que desde 1988 véñense exercendo sobro a AIE para que oculte as previsións reais da oferta mundial de petróleo?

 

2) Asistiu algún representante do Goberno á comparecencia do investigador Lionel Badal ante a Comisión Europea o día 17 de maio de 2010 para informar deste asunto?

 

3) Considera o Goberno fiables as previsións da AIE?

 

4) Iniciou o Goberno algunha xestión diante o Goberno de EEUU para verificar si existiu manipulación ou engano deliberado ao resto de países da OCDE?

 

5) En que data estima o Goberno que se producirá o chamado “teito” ou “cénit” da producción mundial de petróleo?

 

6) Está tomando medidas concretas o Goberno para enfrontarse aos problemas adicionais que vai a supoñer o declive da produción de petróleo, co incremento de prezos e o impacto estrutural que o cambio suporá en materia económica e social, especialmente en cuanto ao crecemento do PIB e os Orzamentos Xerais do Estado?

Relacionados