Resultados eleccións europeas

Así o interpretaron esta tarde, en comparecencia ante os medios de comunicación en Compostela, os coordinadores da campaña electoral Martiño Noriega (por Anova), Rubén Pérez (por Esquerda Unida) e Juan Martínez) por Espazo Ecosocialista. “Con estes resultados, Feijóo non gobernaría hoxe Galiza”, resumiu Pérez, para quen o réxime bipartidista derivado da Transición corre serio risco.

Noriega e Pérez coincidiron en saudar “a emerxencia, como un tsunami, da esquerda rupturista”. Esa que permitirá a Lidia Senra, en palabras de Noriega, colocar a voz de Galiza “na internacional das agredidas e dos agredidos” no Europarlamento. “Intentaremos golpear o espazo de privilexio que está a agredir a maioría social, as clases populares”, engadiu, “e continuaremos, tamén, a intentar construír un movemento na esquerda rupturista que respecte o dereito a decidir dos pobos”.

Nese contexto, Rubén Pérez celebrou que a cidadanía galega “consolide a Alternativa Galega de Esquerda en Europa como terceira forza, cando viña de ter un grande éxito nas autonómicas e unha difícil dixestión dese éxito”. Encadrou esa consolidación no crecemento “da esquerda anticapitalista e alternativa” en diferentes zonas de Europa, algo que tamén salientou Martiño Noriega: “Mentres noutras partes medra a extrema dereita, en Galiza e no sur de Europa medra a esquerda rupturista”.

Por outra banda o cabeza de lista e eurodeputado electo de Izquierda Unida, Willy Meyer manifestou en roda de prensa xunto ao coordinador federal Cayo Lara e a número 2 Paloma López que “o bipartidismo empeza a estar derrotado”, tras os resultados electorales deste domingo, Izquierda Unida a nivel estatal triplica en número de votos chegando ao 10% fronte ao 3,7% acadado nos resultados do 2009. O cambio está en marcha, e estes resultados confirman que a confluencia da esquerda é necesaria para acadar un novo xeito de facer política. A vontade desta organización por acadar alianzas co resto de forzas da esquerda transformadora, é o camiño que colocará o cambio real nas políticas actuais, esto se manifestou tamén en Galicia co éxito acadado con Alternativa Galega de Esquerda que pasa a ser a terceira forza máis votada.

A esperanza ocupará un lugar relevante no parlamento europeo.

 

 

 

 

 

 


 

 

 

 

 

 


Relacionados