nonsexasinocente.gif - 18.00 Kb

Rexeitamento acordo

 

 

O conxunto de Esquerda Unida, dende Madrid ata os concellos onde estamos, queremos expresar o noso total rexeitamento a este acordo, xa que ao noso entender reflicte un ataque brutal os intereses dos traballadores e un retroceso nunca antes firmado.

 

O incremento na idade de xubilación os 67 anos e o incremento de 15 a 25 anos no calculo da pensión significa unha perda de poder adquisitivo nun futuro, así como que pasamos de 35 a 37 anos cotizados para poder ter dereito a cobrar unha pensión.

 

Queremos recordar que EU so defende o modelo 65-35-15 ,que quere dicir 65 anos máximo de idade para xubilarnos, 35 anos de período máximo de cotización para acceder a pensión máxima da Seguridade Social e 15 anos para ter o período mínimo para podernos xubilar.

 

“O anteproxecto de lei da reforma das pensións o único que garantiza é a inviabilidade do futuro dos xovenes deste pais, recordando que neste momento a franxa de idade con maior taxa de paro, mais do 40%, é a dos xovenes, cos problemas añadidos  de non ter asegurado o dereito a vivenda,  e o dereito o traballo, e ter un salario moi por debaixo dos 1000 euros. E imposible que os xovenes cheguen a 38,5 anos de cotización para cobrar unha pensión pública completa”

 

Achego link do comunicado da nosa organización federal.

http://www.izquierda-unida.es/node/8245

Relacionados