orzamentosparticipativos.gif - 14.73 Kb

Orzamentos participativos

 

Constitúe unha boa nova que por fin neste ano podamos abranguer a todos os barrios neste proceso democratizador e de achegamento da toma de decisións e de participación á cidadanía. 

 

Javier Galán salienta o valor da decisión adoptada por canto expresa a firme decisión da veciñanza acerca do valor e  dos orzamentos participativos. O concelleiro do Grupo Municipal de EU subliñou a importante decisión adoptada no Foro e en particular a determinación case unánime da veciñanza no sentido de que os orzamentos participativos se realicen anualmente, fronte a proposta do Goberno, apenas secundada, de realizalos de xeito bianual. Non son máis que excusas as do Goberno no sentido de reducilos a bianuais.

 

Esquerda Unida insta ao Goberno Municipal a pór as mans á obra e acometer xa o comezo do proceso dos OP,s 2011,  para evitar situacións como as do ano pasado, onde se acordou no remate do ano o que facer cos OP,s 2010. E aínda se están a realizar as actuacións de 2009. Semellante atraso lastra todo o proceso e compromete o valor e participación da veciñanza, en canto delata un desinterese certo dos responsables do Goberno, en particular do responsable de participación.

 

A nosa organización está certa do valor social, solidario e transformador da práctica dos OP,s para cambiar a nosa veciñanza e mellorar a nosa cidade. Consonte isto, reclamamos  da concellería de participación Cidadá e do conxunto do Goberno remudar o seu paso lento e desconfiado ao respeito desta anovadora fórmula de participación social e arrancar con prontitude os orzamentos participativos de 2011.

Relacionados