Seguridade vial Colexio “Unión Mugardesa”

 

No curso 2009-2010 despois da presión exercida pola comunidade educativa o Concello Pleno acadou por unanimidade o acordo de desplazarse á Xefatura Provincial de Tráfico para demandar un estudo que incrementase as medidas de seguridade vial.A reposta foí positiva por parte de Tráfico pero a día de hoxe,segundo as información do grupo de goberno, nada sabemos sobre o citado estudo.

A situación de inseguridade esta en parte paliada pola presencia da policía local á hora da entrada e da saída dos escolares do  centro pero aínda así o problema sigue estando latente xa que pola tarde cando saen das actividades escolares non hai presencia da policía local.

Ó mesmo tempo solicitamos se estude a sinalización dun paso de peóns na confluencia da rúa Apelón coa rúa Corzás (traxecto que fan unha boa parte dos escolares de educación infántil a pe para ir ó colexio) para que poidan cruzar a rúa con seguridade dada a práctica inexistencia de beirarrúa pola marxe que da continuidade á rúa Apelón por Corzás.

Ampliando a nosa petición a que se axilice o pintado do paso de peóns ó inicio da rúa dos Corzás, frente a Caixa Galicia, e confluencia coa Avda. de Galicia.Un paso de peóns inexistente dende faí varios meses o que provoca riscos para os peóns á hora de cruzar a rúa.

Relacionados