Sobre o franquismo

Alternativa Galega de Esquerda denunciou na comisión de da CRTVG a utilización intencionada e a manipulación de contidos co obxectivo de esconder determinadas condutas vergoñentas por parte dos representantes do PP como foron as declaracións do alcalde de Baralla que nas canles públicas de información do noso país tardaron máis de quince días en facerse eco da nova cando xa aparecera en todos o resto de medios de comunicación e cando saíu o fixo evitando dicir o motivo polo que se pedía a súa dimisión que non era outro que a defensa do franquismo.

Ante a gravidade dos feitos e hoxe, día no que se cumpren 38 anos dos últimos asasinatos perpetrados polo réxime franquista , Alternativa Galega de Esquerda a través do seu deputado, Juan Manuel Fajardo, propuxo ao director da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, a elaboración e emisión dun “programa educativo para os alcaldes do PP” para que aprendan o drama que significou o franquismo no noso país que algúns semellan non o saber o non o queren recoñecer.

Relacionados