Nestes días estamos a vivir un momento histórico coa entrada dun Goberno progresista de coalición do que forman parte compañeiras e compañeiros de Unidas Podemos, comprometidas coas clases populares. Os ministerios de Igualdade, Consumo, Traballo e Universidades; ademais da Vicepresidencia Social, serán parte da responsabilide de gobernar para colocar ás persoas no centro das políticas.
Tras catro anos levando as demandas das galegas e galegos ao Congreso, Yolanda Díaz dá un paso adiante para defender os dereitos laborais das persoas dende o Consello de Ministros. Agora, temos unha oportunidade histórica para poñer en marcha un programa que mellore a vida da clase traballadora, con medidas como a derrogación da reforma laboral, a suba do Salario Mínimo ou a suba das pensións.
Por primeira vez, traballaremos dende o Estado cun programa de Goberno completo entre PSOE e Unidas Podemos, ambicioso e que ten moi en conta a Galicia, xa que leva un amplo abano de medidas no que ao marco estatal se refire e outras moitas que afectan a Galicia para facer un país mellor.
Consulta dende aquí o Programa de Goberno PSOE e Unidas Podemos