Si no pleno de xaneiro a parte resolutiva limitábase á aprobación do acta anterior, nesta ocasión tan so incluíuse a maiores a concesión do premio “José Cornide”, o cambio de regulamento para a concesión de Honras e distincións do Concello da Coruña e proposta para nomeamento de rúas na cidade.
En canto a parte executiva do pleno, a inclusión da aprobación dos premios “josé cornide” e a modificación do regulamento de concesión de honores nun so punto para evitar a súa votación por separado supón, segundo o consello comarcal de EU Coruña, unha practica pouco democrática por parte do equipo de Goberno coruñés.
Por outra banda, en relación coa proposta da alcaldía para o nomeamento de rúas, a saída do pleno o coordinador comarcal de EU, César Santiso, indicou que “apoiamos a proposta de nomeamento de rúas, máis consideramos un déficit institucional que a veciñanza coruñesa non poida honrar cunha rúa ou praza ao histórico líder sindical Marcelino Camacho”. César Santiso lamentou que o Goberno municipal non atendera a moción rexistrada neste sentido por EU en novembro do ano pasado, polo que anunciou que votarían a presentar unha nova moción a prol da concesión dunha rúa ou praza a Marcelino Camacho.
En relación coa parte de control e seguimento, cabe destacar a “sen razón” dos grupos municipais do concello que en lugar de presentar unha moción conxunta desenvolvida polos representantes dos sector pesqueiro coruñés, presentaron dous exactamente iguais, unha por parte do bipartito e outra por parte do PP. Este tipo de actuacións esperpénticas demostran a imperiosa necesidade de entrada de outras formacións políticas no concello para revitalizar a vida política municipal.
No anterior pleno EU denunciou a falta de empatía do Goberno local para co sector pesqueiro coruñés por non apoiar unha moción presentada polo PP a prol da renegociación das cotas de capturas. Agora, a instancias dos representantes do sector, aprobase unha moción neste sentido que Esquerda Unida saúda a moción aprobada, máis lamenta que debido a intereses partidistas do Goberno local o pleno atrasou un mes as actuacións encamiñadas a atender as reivindicacións do sector pesqueiro coruñés. A devandita tardanza en acometer as accións institucionais necesarias dende o concello poden supoñer unha grande eiva para un sector básico e fundamental para economía coruñesa, no que 2000 traballadores poden perder o seu emprego incrementando o desemprego na cidade da Coruña cerca do 10%.
Esquerda Unida, tamén apoia a moción aprobada por unanimidade, a presentada polo bipartito para garantir a condición pública de Nova Caixa Galicia. Ao igual que outra aprobada por unanimidade que presentou o PP para eliminar as barreiras arquitectónicas e abrir totalmente ao tráfico a rúa Antonio Ríos no barrio do Castrillón.
Finalmente, o Consello Comarcal de EU Coruña lamenta que el bipartito impedise debater a moción na que o PP solicitaba que o concello abrise un dialogo fluído cos representantes do sector hostaleiro, xerador de 9000 empregos e do 13% do PIB da cidade.