Vanessa Angustia, membro da dirección de Esquerda Unida, senadora de En Marea e voceira adxunta do Grupo Parlamentario Confederal UP-En Comú Podem-En Marea participa mañá sábado 19 de novembro na xornada contra a violencia machista que leva por título: “Xaque Mate ao patriarcado”, organizada por Izquierda Unida.
Nesta xornada, que busca destacar a construción dunha cultura feminista, Vanessa Angustia intervirá ás 17.30h. para falar de “desmontar o amor romántico”.