adif.jpg - 9.76 Kb

Xuntanza co comité de empresa de ADIF

 

O acto contou coa presencia de membros dos sindicatos presentes na compañía (CGT, CCOO, UGT, CIG e S.F.).

 

ESQUERDA UNIDA deu traslado a súa preocupación polo anuncio do ministro de Fomento Jose Blanco de iniciar un proceso de división en RENFE OPERADORA e ADIF para crear novas empresas coa opción de entrada ao capital privado. Para EU esta é a mesma estratrexia seguida en países como o Reino Unido para privatizar o sistema público ferroviario coa entrada de subcontratas privadas e o argumento permanente de mellora da eficiencia.

 

Igualmente Rubén Pérez informou de que ESQUERDA UNIDA é unha forza que se enfrenta ao proxecto de implantación do AVE, como modelo de infraestructura costosa, medioambientalmente insostible e que hipoteca un futuro desenvolvemento da rede de transporte de mercadorías e un necesario sistema de cercanías de tren convencional na comarca de Vigo.

 

Os traballadores e traballadoras de ADIF informaron das múltiples fallas de previsión e nas obras do AVE e no desenvolvemento das infraestructuras ferroviarias como a estación intermodal de Urzáiz.

 

Os membros do comité provincial coincidiron en que ADIF e RENFE OPERADORA son empresas sostibles e rendibles e que cando se presentan como costosas ou ineficaces é porque existe un afán privatizador.

 

Rubén Pérez informou que ESQUERDA UNIDA, mediante o seu deputado Gaspar Llamazares está denunciando ante o parlamento estatal a discriminación con Galicia na concreción dunha rede de cercanías similar a Rodarías da Generalitat e igualmente está denunciando o peche de estacións que fomento está acometendo na comarca de Vigo.

Relacionados