ruben perez.jpg - 4.56 Kb

Xuntanza con UXT

 

Rubén explicou as propostas de Esquerda Unida encamiñadas á remunicipalización das empresas públicas anteriormente privatizadas polos sucesivos gobernos do Concello e á creación de novas empresas públicas, por exemplo de aproveitamento forestal, que de saída aos miles de parados da nosa cidade. Plantexou tamén o modelo de participación cidadá que propón Esquerda Unida para o Concello.

Por outra banda, Rubén reseñou o importante crecemento que mantivo Esquerda Unida nos últimos anos e meses que permitiu os bos pronósticos que indican a entrada na corporación municipal. No tocante aos sindicatos, Pérez apelou á unidade sindical como único recurso para facer  fronte aos recortes de dereitos no ámbito laboral e destacou o preocupante descrédito da clase política e do sindicalismo en España.

Dende UXT, coincidiron no agravio económico que supuxeron as privatizacións para Vigo e tamén na necesidade de buscar novos nichos de traballo para dar saída á crise. Reflexaron a preocupación ante un posible goberno de dereitas pero tamén a procupación polas medidas tomadas polo goberno local actual, que nos levou á situación económica e social na que estamos.

Esquerda Unida e UXT coincidiron na importancia que tería a presencia da esquerda real no noso Concello. Rubén Pérez animou a depositar a confianza na candidatura de Esquerda Unida como garante de que non gobernará a dereita nin as políticas de dereitas en Vigo.

Relacionados