Yolanda Díaz pregunta no Congreso sobre as medidas que se levarán a cabo para paliar a fenda dixital no rural

Yolanda Díaz, deputada de En Marea, voceira da Axenda Dixital na Comisión de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital e coordinadora de Esquerda Unida, preguntou no Congreso ao Vicepresidente da Comisión Europea responsable do Mercado Único Dixital, Andrus Ansip, sobre as medidas que ten pensado adoptar a Unión Europea para evitar os riscos sobre a saúde laboral no mundo dixital, así como as medidas a aplicar para evitar que aumente a fenda dixital de xénero ou na fenda no mundo rural, onde viven un 60% de galegas e galegos que teñen que soportar unha cobertura pésima.

“A Europa que coñecemos afástase do mundo idílico que nos intentan mostrar dende a Unión Europea, xa que existe unha profunda fenda dixital na nosa sociedade, que fai aínda máis desiguais a homes e mulleres. Onde un 70% da poboación desconfía da economía dos datos, por non falar da alta porcentaxe de poboación que aínda hoxe non ten acceso a internet, sendo o entorno rural unha clara zona de exclusión social”, sinala a deputada.

Díaz recordou que “unha enquisa realizada en 2015, con participantes de toda a Unión Europea, dentro do proceso do Mercado Dixital Único, acerca das necesidades de acceso a Internet, desvelaba que a maioría das e dos consultados estaba insatisfeita/o co seu acceso a Internet, e a metade non consideran que as súas necesidades estivesen totalmente cubertas. Un terzo se mostraba moi insatisfeita/o. As/os enquisadas/os mais insatisfeitas/os e pesimistas residían en zonas rurais, polo que aínda queda moito por facer para mellorar en este aspecto”, sintetiza.

Relacionados