É hora de que o pobo fale

O 70% da poboación non votou esta Constitución española, que muda segundo o interese do bipartismo que nos goberna baixo as directrices do secuestro de dereitos.

Dende Esquerda Unida, esiximos que sexa o pobo quen decida en referendo que modelo de estado quere, Monarquía ou República. Coa abdicación do monarca, esiximos a apertura dun proceso constituínte onde a cidadanía decida libre e democraticamente o futuro que desexa.

Esquerda Unida fai un chamamento á participación nas mobilizacións deste sábado 7 de xuño, convocadas en todo o estado para reivindicar o dereito do pobo a decidir.

É a hora de que o pobo fale e recupere a soberanía, é hora de iniciar un proceso que permita a construcción democrática dun estado que respecte a vontade dos pobos.

Contra a o furto da democracia, unidade na rúa.


 


Relacionados