ferrol.gif - 5.79 Kb

Peche Galicia Hoxe

 

 

O peche do Galicia Hoxe continúa o regueiro de vítimas da política lingüicida da Xunta, que vai cubrindo de cadavres de papel e dixitais a loita por normalizar nos medios de comunicación a presenza do galego,  de A Nosa Terra á A Peneira, pasando por Vieiros.

 

A Xunta de Feijóo  combina o peor da súas políticas: a de atacar todo o que supoña avances na normalización e uso da  nosa lingua e doutra fai outro pequeno contributo ao incremento do paro, no que deixa  a 19 traballadoras e traballadores. Son as sinerxias destrutivas da Xunta do PP.

 

Perdemos a bufarda de luz que supuñan tantos e tantos artigos críticos, a súa visión crítica co capitalismo que devora a nosa terra, a ollada altermundista   que tiña acubillo no xornal, etc., perdemos todas e todos os que queremos vivir no noso país sen alienacións. 

 

Perda tamén de pluralidade informativa que vai na liña de restauración do pensamento único – e cómpre salientar que estéril; perda que o PP alenta coas súas  políticas de estrangulamento  pola falla de recursos e axudas públicas aos medios que teiman en construír en galego unha visión crítica do noso país e do mundo.

 

Esquerda Unida expresa a súa solidariedade coa plantilla de traballadores que hoxe engrosan xa as listaxes do paro no noso país.

Relacionados