Ourense presenta a súa candidatura de En Marea para o cambio

As Burgas (Ourense) foi o lugar elexido para presentar a candidatura de En Marea para a provincia de Ourense, encabezada por Ánxeles Cuña. “Somos diversos como a xente. Onde os demáis ven disputa, nós vemos un reflexo da sociedade”, sinalou Acuña, quen puxo de manifesto o equilibrio da lista de En Marea na provincia. “Somos plurais e diversos como a sociedade, non estamos uniformados, pero compartimos a vontade de remar todos e todas cara o ben común que é o noso único obxectivo” asegurou.

Na súa intervención, a cabeza de lista por Ourense sinalou algúns dos principios que comparten os integrantes de En Marea como é o de horizontalidade cunha nova maneira de operar na política sempre desde a participación; o principio da igualdade, unha absoluta prioridade para En Marea; a transparencia como algo real non só unha palabra e cumprindo co deber de render contas ante á cidadanía pola xestión realizada. A cabeza de lista por Ourense rematou a súa intervención asegurando que os homes e mulleres de En Marea “vimos armadas con vontade ética, valores, civismo e responsabilidade con moitas ganas de traballar. A Marea chega xa a Ourense onde todas as augas son benvidas”.

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Luís Villares, acompañou aos homes e mulleres que integran a candidatura nun acto no que salientouse o proxecto que presenta En Marea, un proxecto “honesto, de dignidade, decencia e solvencia” fronte a oferta de Núñez Feijóo para esta provincia, “Baltar e a súa monarquía baltárica onde se estila o dedazo, o silencio imposto pola chantaxe, o caciquismo e o suborno”. “Esa é a aposta e o escaparate de Feijóo en Ourense, a súa coalición sectaria. Feijóo está a ofrecer a miseria moral para Ourense co seu candidato, unha personaxe máis apropiada para protagonizar a vindeira saga de Torrente que para gobernar esta provincia” afirmou Villares.

 

Relacionados