A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, vén de defender no Pleno a posición do Grupo Confederal ante a PL do Grupo Socialista relativa á Igualdade entre Mulleres e Homes no Emprego e na Ocupación.
A proposta que trae a debate o Grupo Socialista bebe das fontes da Lei 3/2007, de Igualdade, o que pode ser un problema, xa que case toda a norma abunda nas materias nunha continua declaración de intencións. Neste sentido, Díaz lembrou que “precisamos Leis executivas, que garantan o cumprimento dos dereitos de igualdade. Hai un ano, o Grupo Confederal rexistraba unha lei sobre a Igualdade Retributiva Lei Ballester que se tomou en consideración o 20 de febreiro. Constituida a Ponencia, ven durmindo o soño dos xustos entre prórroga e prórroga, que impide a toma de medidas para afrontar a desigualdade retributiva que acada ao 24% das traballadoras”, expón.
Dende o Grupo Confederal asumimos que a Lei é insuficiente, xa que “as traballadoras españolas seguimos percibindo diferentes retribucións ante traballos de idéntico valor”. Para a deputada, a Lei “non establece medida algunha para abordar a fenda de xénero en materia de Seguridade Social, particularmente en materia de pensións, que acada na actualidade o 39%; obvia a necesidade de institucionalizar a paridade nos procesos electorais para os órganos de representación dos e das traballadoras; insiste no reforzo da negociación colectiva, pero non adopta medida algunha para acada este obxectivo. Pola contra, a nosa proposta establece a obrigación de motivar as razóns que xustifican as retribucións e os complementos variables. Así como a obrigación de verificar o control da discriminación nos convenios colectivos”, apunta.
Ver o vídeo en: