En Marea presentou as súas candidaturas provinciais para as eleccións autonómicas do 25 de setembro. O candidato da formación a presidente da Xunta, Luís Villares, asegurou que Feijóo marchará a Madrid despois de perder as eleccións. No acto estiveron presentes os diferentes integrantes das listas de En Marea, aprobadas este venres a través dun proceso de primarias.
Doutra banda, a coordinadora de En Marea presentou os datos provisionais da lista de candidatas e candidatos para as vindeiras eleccións ao Parlamento de Galicia.
O único candidato de En Marea á presidencia da Xunta de Galicia, Luis Villares, foi refrendado nas primarias realizadas o día 17 e 18 de agosto polo 86,80 por cento dos participantes. En total houbo un total de 10.143 votos emitidos dun censo de 13.415 persoas inscritas. A participación nas primarias de En Marea foi do 75,60 por cento.
Por provincias encabezará a lista da Coruña, Antón Sánchez, en Ourense, María de los Ángeles Cuña, en Lugo, Luis Villares, e por Pontevedra, Carmen Santos. As persoas que conforman as listas da candidatura de En Marea por provincias para as vindeiras eleccións do Parlamento de Galicia serán as seguintes: Candidatura ás Eleccións do #25S
A CORUÑA
1. Antón Sánchez García
2. Luca Chao Pérez
3. José Manuel Lago Peñas
4. Magdalena Barahona Martín
5. Francisco Pancho Casal Vidal
6. Flora María Miranda Pena
7. Xan Xove González
8. Mariló Candedo Gunturiz
9. Carlos Palacios Suárez
10. Lorena Dapena
11. Daniel Alejandro Calvete Suárez
12. Iria Otero Romero
13. Gonzalo Rodríguez Rodríguez
14. María Antonia Trillo Blanco
PONTEVEDRA
1. Carmen Santos Queiruga
2. Marcos Cal Ogando
3. Eva Solla Fernández
4. Juan J. Merlo Lorenzo
5. Paula Quinteiro Araújo
6. Xoan Hermida González
7. Julia Torregrosa
8. Mariano Abalo Costa
9. Noemí Martínez González
10. Juan Manuel Fajardo Recouso
11. Mar Blanco Casais
12. Marcelo Armendáriz Gil
LUGO
1. Luis Villares Naveira
2. Paula Vázquez Verao
3. Víctor Andrés Álvarez Arias
4. María Isabel García Díaz
5. José Manuel “Josito” Pérez Afonso
6. María Victoria Esteban Riesco
7. Bernardo Fraga Galdo
8. Natalia Prieto Fernández
OURENSE
1. María de los Ángeles Cuña Bóveda
2. David Rodríguez Estévez
3. María Eva Gutiérrez Fernández
4. Xosé Manuel Pérez Bouza
5. Manuela Pérez Pérez
6. Ares Jiménez Soria
7. Rita González Pérez
8. Carlos Miguélez Soto
As votacións tiveron lugar entre as 8.00 horas do mércores 17 de agosto e as 23.59 horas do xoves 18 de agosto, combinando a posibilidade de votar a distancia desde a casa coa de acudir a unha das 33 mesas presenciais repartidas polo país (13 na Coruña, 6 en Lugo, 6 en Ourense e 8 en Pontevedra).
En total foron 25 as candidaturas que se presentaron ás primarias de En Marea, que determinaron as listas provinciais para as vindeiras eleccións ao Parlamento galego, o 25 de setembro. Destas 25 candidaturas 6 listas presentáronse pola provincia da Coruña (con 77 persoas en total), 5 en Lugo (34 persoas) outras 5 en Ourense (40 persoas) e 9 en Pontevedra (88 persoas).