Rexeitamento a suba de taxas

 

Esquerda Unida rexeita a subida de taxas e prezos públicos coas condicións e xustificacións coas que as está abordando o equipo de goberno do PSOE co apoio do BNG. A subida calculada sobre o IPC dos 12 meses anteriores vai horizontalmente en contra da realidade da subida dos prezos e dos incrementos de IPC que por exemplo se están aprobando nos convenios colectivos con cláusula de revisión salarial que aplican na nosa cidade.

 

Para o coordenador local de EU en Vigo Rubén Pérez esta subida de taxas e prezos públicos que o PSOE co apoio en pleno do BNG pretende executar agora “nun momento máis inoportuno-, xusto cando os vigueses e viguesas están a sufrir o período álxido da crise económica nos seus petos. Subir as taxas é os impostos ten que ser aplicada en función da renda e do patrimonio non de xeito indiscriminado nunca cidade onde os datos da EPA recentemente arroxaron uns índices de desemprego catastróficos.

 

Considera pura demagoxia a oposición do PP que está aplicando subidas similares (e incluso por enriba do IPC anual en moitas cidades donde goberna).

 

ESQUERDA UNIDA de Vigo considera indispensable aplicar a subida do IBI e do chamado imposto de rodaxe aplicando a norma de que: quen máis ten mais pague. Hai que incrementar nun 50% o IBI as vivendas desocupadas como mínimo e que os vehículos de luxo ou máis contaminantes como os todoterreno tributen máis no imposto de rodaxe.

 

EU, aínda considerando que a situación do sector hostaleiro é delicada, considera que se ten que bonificar en tramos o imposto por utilización das vías públicas, e eses tramos deben ser polos beneficios despois de impostos dos negocios. Hai moito hosteleiro ocupando vía pública, facendo moita caixa e mantendo salarios de miseria e incumprindo os convenios no sector ou mesmo na total ilegalidade non dando de alta aos traballadores na seguridade social. A vía pública é de todos e o seu uso debe ser fiscalizado dependendo que cal é o volume de negocio que se fai con ela.

 

Igualmente Esquerda Unida quere achegar as seguintes propostas nas taxas e prezos públicos achegando outras solucións:

 

         Redución do 25% de todo o custo dos órganos de goberno (grupos políticos, asistencias a órganos colexiados, soldo concelleiros liberados,

         Diminuír o Gasto Corrente municipal

         Reducción dun 75% en protocolo e autorepresentación

         Implantación de novas taxas ou impostos (por caixeiros automáticos, publicidade)

         Actualización de Taxas e prezos públicos incrementando unicamente o IPC anual

         Paralización das humanizacións e inversión en mellora da rede viaria actual que supón un gasto de mantemento posterior crecente.

 

Relacionados