O clientelismo do plan de emprego

EU de Vigo considera que PSOE e BNG deberían realizar PLANS DE EMPREGO de verdade, auditados dende a contratación pública e reta ao concello a que demostre que os contratos que remiten os beneficiarios dos convenios asinados polo concello corresponden a contratacións feitas con oferta previa, igualdade e publicidade. “Estamos ante un feito de extrema gravedade que levamos anos denunciando, considera Rubén Pérez, coordenador local de EU en Vigo”

Para EU de Vigo a fórmula de contratación mediante asignación económica a asociacións dun PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL non se corresponde ao modelo de contratación que ten que primar nun Concello que se diga progresista. “Non negamos que se teñan que consignar recursos para o emprego pero en todos os concellos, e incluso na orixe do PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL de Vigo, o procedemento de contratación corría a cargo do Concello e a oferta do emprego aparecía na web municipal”.

EU considera que “pedir unicamente como mostra da contratación os propios contratos, os TC1 e TC2 dos contratantes e os comprobantes de ingreso de nómina é o menos importante dun proceso que, cando intervén contratación con cartos públicos, ten que iniciarse no momento da consignación de recursos para o emprego mediante oferta pública.

Que 1 só euro dun orzamento público acabe en “modelos de desigualdade de oportunidade laboral” é profundamente preocupante nunha cidade donde “miles de traballadores e traballadoras non poderán acceder a empregos por non ter padriños nen madriñas”.

ESQUERDA UNIDA considerou estéril a presentación de propostas de modificación dos orzamentos no rexistro do Concello xa que son reiteradamente rexeitadas a pesar de consignar a posteriori as mesmas en forma de enmendas dos propios aprobantes do orzamento. EU presentará, eso sí,  á cidadanía de Vigo mediante un documento explicativo as partes de ingresos e gastos deste orzamento que obligarían a EU a votar en contra nun pleno como o de onte.

Relacionados