Rubén Pérez

50 emendas aos orzamentos

 

 A proposta de EU prioriza o gasto social e a erradicación do endebedamento do Concello para as obras públicas. EU considera que os tempos que veñen obrigan a eliminar gasto protocolario, proxectos que nestes anos non teñen aportado nada á creación de emprego e mesmo retornar ao desempeño público de servicios que están sendo sistemáticamente externalizados polo Concello.

 

Entre as emendas de EU figuran eliminar figuras como as axudas ás aerolíneas privadas (400.000 euros), aforros de 100.000 euros en iluminación de nadal, recuperación de servicios externalizados por suma de case 3 millóns de euros (recadación administrativa, asesorias externas, traballos de publicidade,…

 

As emendas suliñan que é posible unha MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA EN CAPÍTULO DE GASTOS co obxectivo final de aforrar en torno a 10 millóns de euros, aínda invertindo máis en emprego e cohesión social, defendendo que no 2012 non se abra ningún crédito bancario con entidades financeiras privadas que provocan un pago de xuros brutal ao Concello de Vigo.

 

ESQUERDA UNIDA considera preocupante consignar candidades de diñeiro excesivas á proxectos de CREACIÓN DE EMPREGO FÓRA DA OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO como prentender facer o BNG e o PSOE xa que ESQUERDA UNIDA entende que efectivamente é positivo que unha parte do orzamento (que EU establece en 2.000.000 millóns de euros) sexa para programas de contratación de personas en risco de exclusión, necesidades especiais de inmersión de emprego, etc… recuperando figuras semellantes ao liquidado GRUMIR e que funciona de xeito positivo en Concellos cercanos como Porriño pero dita contratación debe ser CLARA, TRANSPARENTE E CUNHAS BASES QUE EVITEN A CONTRATACIÓN DIRECTA SEN PUBLICIDADE, CONCURSO DE MERITOS OU EXAME TRANSPARENTE. O resto da contratación ten que ser EXCLUSIVAMENTE DENTRO DA OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO con estrictos controis de legalidade, publicidade e igualdade.

 

ENMENDAS DE EU AO ORZAMENTO DO CONCELLO DE VIGO

ENMENDAS DE EU AO ORZAMENTO DO CONCELLO DE VIGO

Relacionados