A situación contemplada no documento do PXOM para equipamentos nos terreos da Gloria (EQ SC-02), está na periferia do casco urbano. Deste xeito, contradise a principal condición para acadar unha mobilidade sostible, que é a proximidade dos servizos á poboación para reducir así a necesidade de mobilidade.
É un feito consumado que os desprazamentos fora da unidade edificada tenden a facerse en vehículo privado. Ademais, un equipamento pode dar pe a que se forme un novo espazo de convivencia cidadá, posibilidade anulada pola situación proposta polo PXOM.
Pola contra, a parcela AR-10 onde está situada “Granitos”, contemplada no PXOM como urbanizable, atópase en pleno casco urbano, o que a fai moito máis axeitada para equipamentos.
Por isto, Esquerda Unida presentou unha alegación de cara a converter a parcela de “Granitos” de parcela urbanizable en parcela adicada a equipamentos, e que a parcela da Gloria sexa soamente utilizada no caso de que o PXOM se desenvolva de tal forma que exista continuidade urbana ata tal parcela.







