nonsexasinocente.gif - 18.00 Kb

NON ó con pacto social

 

 

Nese pacto non existe nin unha soa medida  que impida que o capital que provocou a crise siga sacando proveito  da mesma. Por si fora pouco  o retraso da idade de xubilación aos 67 anos, o aumento dos anos cotizados necesarios para cobrar o 100% da pensión, e o aumento de 15 a 25 anos cotizados para o cálculo das bases reguladoras da cuantía da pensión, entre outras disposicións que xá iremos explicando  aparece  o chamado “plan  de choque” de emprego xuvenil que non é nada máis que bonificar durante un ano as cotizacións dos empresarios á Seguridade Social para contratar a tempo parcial a xóvenes de ata 30 anos ou parados de longa duración. A exención de cuotas -menos ingresos para a Seguridad Social- é total cando as empresas son PYMES, e nun 75%  no caso de empresas con 250 e máis traballdores/es. Existe  unha referencia a que non se poden despedir traballadores/es nas empresas que usen estes contratos, o que é moi loable pero que  NON  vai ter apenas eficacia PARA CREAR NOVOS POSTOS DE TRABALLO, xa que a maioría dos empresarios simplemente procederán a non renovar actuáis contratos eventuáis en fraude de lei, o que formalmente non é un despido, e sustituir a ese persoal eventual polo novo tamén eventual con contrato bonificado e legalizado  por menos de 8 horas, pero que serán obrigados a traballalas sin que estén cotizadas nin abonadas. En definitiva, esto é maís do mesmo e do que o movimento sindical tén amplia experiencia e denunciar:  máis rotación en postos de traballo precarios frente a creación e consolidación de postos de traballo estables e con dereitos.  Esta  disposición insultante se nos venderá como unha preocupación real polos parados, xa que o retraso na edade de xubilación legal e na anticipada, xunto co aumento das penalizacións económicas no caso da segunda e dos anos necesarios para percibir o 100% con 65 anos, restrinxe moitísimo unha das poucas opcións de reposición de postos de traballo nun país cunha tasa do 20% de paro, como é a de ocupar vacantes producidas pola xubilación de mán de obra veterana.  Tamén xá temos outra dúbida resolta polo tal Valeriano e o seu xefe político ZP:  as axudas para parados que esgotaran prestación por desemprego se reducen a 400 euros e só poderá percibila aquela persoa que non houbera percibido  a  anterior axuda de 426 euros…Unha persoa en paro natualmente non tén as mesmas necesidades que os ben “untados” ex cargos públicos que cobran boas prestacións ao cesar, e nalgúns casos para toda a vida aínda que sigan a ter superingresos por continuar prestando servicios para o capital o para o estado bugués e monárquico; lembrémonos un pouco dalgúns deses canallas que agora parece que nunca os padecimos neste Goberno de impostores: Pedro Solbes e Teresa Fernández de la Vega, que cobran varios centenares de miles de euros ao ano en total  por  ter sido vicepresidentes dun Goberno  P”SO”E que machaca aos traballadores e pensionistas, e sumando os sueldos que cobran polos seus  cargos “consultivos” actuáis. Cobra un pouco menos, pero sempre a costa do pobo ao que engana, o fantasmón de Caldera, exministro de (precarizar) Traballo, que estes días saleú de novo a palestra para contarnos milongas sobre o pacto social. A lista é longa e de persoaxes de todas as forzas politicas ao servicio do capital e da patronal. Os ingresos dos  banqueiros e grandes empresarios  suman cantidades de aínda máis ceros. Pero para os parados, nin postos de traballo nin prestacións propias dese nome.

Relacionados