A corrupción no PP

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2013.- Todos os estudos e investigacións demoscópicas e sociolóxicas indican que a corrupción política se atopa entre as principais preocupacións da cidadanía. En Galicia, os casos en que cargos electos do Partido Popular empregan os seus postos para obter beneficios persoais inzan os xulgados. Ante os silencios, desvíos de atención, negacións e evasivas da dereita, os tres grupos da oposición –PSdeG, AGE e BNG- decidiron, de maneira conxunta, solicitar a comparecencia en pleno parlamentario de Alberto Núñez Feijóo para que ofreza explicacións aos galegos e ás galegas sobre a corrupción que alaga o seu partido.

Alternativa Galega de Esquerda (AGE) xa ten presentado preguntas e proposicións non de lei na Cámara galega para contribuír a solucionar este grave problema, que afecta aos alicerces mesmos do réxime democrático. Aínda a semana pasada esixiu que a Xunta cumpra unha vella demanda dos axentes xurídicos e dote aos organismos rasdicados en Galicia de medios e persoal para combater a corrupción.

Relacionados