Finalizan as eleccións primarias abertas de Esquerda Unida

JORGE SUAREZ POR FERROL, SILVIA CAMEÁN POLA CORUÑA E MARÍA ROZAS POR COMPOSTELA SERÁN AS PROPOSTAS DE CANDIDATOS E CANDIDATAS DE ESQUERDA UNIDA PARA AS MUNICIPAIS 2015

A EXECUTIVA NACIONAL DE EU CONSIDERA UN PASO IMPORTANTE NA ORGANIZACIÓN A INCORPORACIÓN A ESTE PROCESO DE VOTACIÓN DE CENTOS DE SIMPATIZANTES QUE VOTARON A TRAVÉS DUNHA APLICACIÓN TELEMÁTICA E NAS TRES MESAS ELECTORAIS QUE ESTIVERON OPERATIVAS DURANTE A FIN DE SEMANA

As candidaturas, que serán definitivas o mércores 18 tralo proceso de reconto definitivo que marcan as normas de primarias de EU, serán ratificadas no Consello Político Nacional de EU o 28 de febreiro e súmanse ás candidaturas de Rubén Pérez por Vigo, Carlos Portomeñe por Lugo, Vanesa Angustia por Pontevedra e Carlos Miguélez por Ourense

O CONSELLO POLÍTICO NACIONAL DE EU aprobara o pasado 27 de decembro realizar primarias abertas nas localidades galegas de máis de 50.000 habitantes. Ao longo deste periodo abríronse os censos á simpatizantes o que permite a EU aumentar un 60% a súa estructura participativa e militante nas grandes cidades.

O secretario de Organización de EU considera que a “absoluta renovación” de personas, a incorporación de perfis de homes e mulleres implicados e implicadas nos procesos de converxencia nos que EU participa “permiten a EU ser un actor decisivo na construcción de novos referentes municipalistas nas grandes cidades” así como facer participe do debate da confluencia ao conxunto da militancia da organización.

Esquerda Unida participa nas MAREAS destas localidades dende a súa conformación a considera que agora serán estas persoas as que levarán o aporte político colectivo e programático de EU para facer “máis fortes e gañadoras” estas apostas municipalistas.

EU felicítase da participación de máis do 63% dos militantes e simpatizantes inscritos e anuncia que a executiva nacional de EU do mércores 18 trazará a folla de ruta definitiva da organización para o proceso electoral municipal. O día 28 o CPN ratificará definitivamente estas e outras candidaturas que están sendo acordadas nas asembleas locais de EU.

Relacionados