A EDAR de Bens

Esquerda Unida esixe a depuración de responsabilidades polas eivas detectadas na carísima infraestrutura da EDAR de Bens. Unha das máis caras de todo o estado español: 112 millóns de euros. A taxa desta depuración a levamos pagando dende comezos deste 2013, a pesar de que non existira ese acordo previo de explotación conxunta cos Municipios limítrofes, que se acaba de fechar recentemente.

Que se atopen agora deficiencias no seu funcionamento semella cando menos, unha tomadura de pelo, dado que a obra entregouse tarde abondo como para que todo funcionase á perfección, pero observamos abraiados que non foi así.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes denuncia que a empresa construtora da EDAR de Bens está inmersa en casos de corrupción e o presidente da confederación hidrolóxica do Miño-Sil por aquel entonces está imputado no caso Pokemon por prevaricación, cohecho e tráfico de influencias. A empresa adxudicataria que construíu esta depuradora: unha UTE entre Cadagua e Ferrovial Agromán, empresa, controlada pola familia Del Pino Calvo Sotelo, que está inmersa en casos de corrupción e de evasión de capitais no caso Millet, empresa que acaba de lle pagar á Facenda Pública 200 millóns de euros porque tiña capitais sen declarar en bancos holandeses. Por outra banda o presidente da mesa de contratación por aquel entón, presidente tamén da Confederación hidrográfica Miño-Sil? Francisco Fernández Liñares, está imputado por prevaricación, cohecho e tráfico de influencias na Pokemon. Facendo a suma só podemos augurar irregularidades, dende quen avalía, a quen adxudica, ou quen acepta unha obra con deficiencias.

O voceiro de EU-V, César Santiso, sinalou que “o que máis doe de todo isto é que ao final todas estas irregularidades as a acaba pagando a cidadanía e non os responsables, coa complicidade do equipo de Negreira”.

Relacionados