mugardos.gif - 5.87 Kb

Alcantarillado

 

Nos últimos 12 anos a Deputación e o Ministerio, a través dos Plans de Obras e Servizos, enviaron a Mugardos máis de 1.800.000 €. A isto hai que sumar o 5% obrigatorio que ten que aportar o Concello como mínimo, é dicir: 90.000 €. Estamos a falar de cerca  de 2.000.000 € (dous millóns).

 

O noso grupo municipal apostou pola realización de obras de saneamento e abastecemento de auga, non compartindo a inclusión neste Plan de obras  como a inclusión de soterramento de contedores (podían ir noutras subvencións) ou a beirarrúa  da Avda. de Galicia dende Peteiro ata Apelón (que por certo non repuxo os servizos).

 

En Outubro do ano 2008 solicitabamos ó goberno municipal (BNG) que se redactase a memoria para incluir a obra do alcantarillado do Esteiro no Plan de Obras e Servizos do ano 2009. Aínda estamos esperando a memoria.

           

Co inicio da execución das obras da EDAR (Depuradora), o noso grupo e o resto dos grupos que non gobernamos, intentamos que o goberno municipal negociara con Augas de Galicia e a empresa que está a executar a obra a execución dos alcantarillados do Esteiro, Bailóns e Rosalía de Castro. Despois de máis dun ano o único que temos son vagas respostas por parte do Alcalde e do actual concelleiro de Obras: dixeronlle que ían preguntar, deste tramo non se falou pero se meterá un pozo, etc.

 

A destacar que mentras outros Concellos conqueriron obras complementarias a raíz das obras da EDAR, o noso goberno municipal o único que conqueriu a día de hoxe  foi o malestar dos veciños por non ter alegado ó proxecto no seu momento.

 

AGORA TOCA PREGUNTAR:

 

Necesitará 12 anos máis para executar o alcantarillado do Esteiro, Bailóns e Rosalía de Castro?

-Necesitará outra Planta de Gas para ingresar novamente 4.716.753,67€ por licencia de obras?

-Necesitará outros dous  Plan E para ingresar novamente máis de 1.500.000€?

 

Hai dúas posibilidades: unha, ou a obra é moi costosa, ou dúas, non hai interese por parte do goberno municipal.

 

Relacionados