Apoio á cidade da ciencia

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes apoia a candidatura por lealdade institucional e sentido de cidade mais esixe que o goberno municipal execute todos os proxectos que está a anunciar. EU aposta decididamente pola promoción do I+D+i e as novas tecnoloxías como as TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) para que actúen como motor do cambio do modelo produtivo e reactivación económica, na seguridade que so a través da sociedade do coñecemento recuperaremos os niveis de benestar que nos están a usurpar. Así grazas ao avance tecnolóxico gañaremos en eficiencia enerxética e lograremos que o noso tecido produtivo local mellore a súa competitividade e evite o seu actual deterioro.

Mais para que a sociedade do coñecemento sexa unha realidade na nosa cidade non chega con anuncios de proxectos nos que o goberno municipal simplemente enumera unha serie de principios reitores, necesitamos profundar no seu desenvolvemento, pois o actual goberno local xa leva preto de media lexislatura esgotada e aínda non materializou ningunha das súas propostas apesares de dispor de importantes fondos europeos a través das smart citys. Polo que solicitamos concreción e execución de proxectos como: Axenda Dixital, Administración electrónica, Sistema de Información Territorial (SIT), Infraestrutura de Datos Especiais (IDE), proxectos que EU comparte.

Esquerda Unida apoia con condicións a candidatura que presenta o concello da Coruña como Cidade da Ciencia e a Innovación, así modificamos a mesma carta tipo de apoio substituíndo “considerando que ao longo do dito ano puxéronse en marcha e desenvolvemento importantes proxectos…” por un texto máis acorde coa realidade que indica así “considerando que ao longo do dito ano o Concello da Coruña presentou para a súa posterior execuci´lon en anos vindeiros importantes proxectos….”.

Non debemos esquecer que mentres o goberno local fala de Administración electrónica e avances tecnolóxicos, a implantación das TIC na área corporativa está a niveis do século pasado, tendo que recorrer ao fotocopiado masivo de expedientes, como temos denunciado en innumerábeis ocasións.

César Santiso, indicou que “si o goberno municipal pretende a distinción da Coruña como cidade da ciencia, deberá comezar por desenvolver convenios e acordos de colaboración coa universidade” para que dende o público se lidere un clúster tecnolóxicos, en lugar de centrar toda a súa aposta en contratar empresas e asesorías externas privadas”.

Relacionados