II Foro Coruña Futura

As primeiras conclusións de Coruña Futura acreditan a valía e oportunidade das propostas e iniciativas de Esquerda Unida, actuacións que levamos anos defendendo e baséanse no cambio do modelo produtivo local como motor de reactivación económica da bisbarra e xeración de emprego a través da promoción dende os poderes públicos da economía verde, a ecotecnoloxía a través do I+D+i e as enerxías renovables para mellorar a eficiencia enerxética e facer máis competitivo ao noso tecido empresarial, a sociedade do coñecemento, a aposta polas Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) para desenvolver un cluster tecnolóxico dixital e a aposta pos servizos de valor engadido para a cidadanía que melloren a súa calidade de vida.

O proio poñente, Alfonso Vegara, salientou que se pode cambiar a economía dunha cidade ou territorio como Coruña Futura apesares da situación de crise estatal. Afirmación que non so refrenda a visión política-económica de Esquerda Unida, senón que constitúe un alegato a nosa defensa das posibilidades que ten o concello de promover a reactivación económica local e deixan en evidencia ao propio goberno municipal que en sede plenaria, a unha pregunta de EU, afirmou que non se pode reactivar a economía dende o eido do local.

En definitiva os catro clusters que define Coruña Futura: cluster Portuario, cluster da Industria e contidos dixitais, cluster de ecoturismo, calidade de vida e saúde e cluster de solucións urbanas baseadas en ecotecnoloxia veñen a englobar as distintas medidas que dende EU levamos tempo defendendo diante da cegueira do goberno municipal.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes comparte os principios reitores máis lamenta que no se utilizasen recursos locais que xerarían oportunidades de negocio e crearían emprego na comarca. A contratación da americana Fundación Metropoli por 700.000 € e un exemplo da enorme diferenza conceptual en canto á xestión da cousa pública que existe entre PP e EU, os conservadores apostan por externalizar servizos a grandes empresas para que estas obteñen pingues beneficios a consta dos petos da cidadanía, mentres que na esquerda real apostamos pola creación dun equipo multidisciplnar formado por técnicos municipais, especialistas locais e Universidade aforrando no proxecto máis de medio millón de euros.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “saudamos que o goberno municipal recapacitase e permitise participar á oposición no II foro Coruña Futura despois do erro de excluírnos no primeiro foro, porque non cabe dúbida que este ambicioso proxecto necesita do apoio unánime dos axentes políticos e sociais al ser unha aposta a longo prazo que se desenvolverá ao longo de varios mandatos.

César Santiso lamentou que o goberno local perdese dous anos, precisamente nuns intres de crise onde o tempo convértese en ouro, pois no caso de que tivera escoitado as propostas de EU podería terse avanzado moito no camiño do cambio de modelo produtivo e na recuperación económica da bisbarra.

 

Relacionados