Arranca o proceso de consulta de IU aos seus militantes e simpatizantes sobre si respaldan unha coalición con Podemos e outras forzas

Dende Esquerda Unida recordamos que hoxe arranca o proceso de consulta posto en marcha por Izquierda Unida Federal para que a nosa militancia e simpatizantes dean a súa opinión sobre a procura dunha confluencia con outras forzas políticas, entre elas, Podemos; un proceso participativo que estará aberto dende hoxe ata o vindeiro mércores 4 de maio.

A dirección federal de IU especifica que o obxectivo da negociación aberta é concretar unha coalición que recoñeza que somos “forzas políticas distintas”, que “garanta a visibilidade de cada forza política na campaña” e “no posterior espazo institucional e político que sexa resultado do proceso electoral e que respecte a propia identidade de cada forza política, que ten os seus propios programas e os seus propios liderados”, expoñen.

Sobre a propia consulta, IU fixo chegar ás súas bases a pregunta que deberán votar: Aprobas unha coalición electoral con Podemos e outras forzas de cara ás eleccións do 26 de xuño? Nos dous primeiros días previstos para a consulta poderase votar “Si”, “Non” ou “Abstención” vía Internet, a través da web de Izquierda Unida, mentres que o último día, o mércores 4 de maio, se reserva para o voto presencial nos lugares que habiliten para iso as distintas federacións que compoñen a organización.

Relacionados