Esquerda Unida sumarase á vindeira mobilización do #24O (24 de outubro).
O fin: encher a Praza con lemas como: Pan, Traballo e Teito. E con Dignidade. Dende Esquerda Unida entendemos que a saída desta realidade de escravitude laboral e emerxencia social pasa necesariamente pola mobilización, independentemente doutras opcións. Sen mobilización non hai solución. Por iso ofrecemos todo o noso apoio ás #MarchasDeLaDignidad.