Moción mantemento 426 euros

 

Pero coa crise económica capitalista que estamos a padecer acontece que a clase traballadora, que non é a causante deste crise pero é quen a padece con maior virulencia, sofre o recorte dos seus dereitos que están a decretar dende tódalas administración públicas.

 

Claro exemplo desta medidas represoras dos dereitos da clase traballadora e a supresión da axuda de 426 euros a persoas desempregadas sen prestacións, que o goberno do Estado levará a cabo en febreiro do 2011 o non prorrogala. Medida que se toma para controlar o déficit e aumentar a austeridade económica que parecen ser necesarios para cumprir cos ditados dos mercados pero non coas necesidades reais da sociedade.

 

É obvio pensar que se para reducir o déficit do Estado é necesaria esta insolidaria medida, é porque o gasto que xera é moi elevado, é dicir, hai moitas persoas que dependen desta axuda económica, razón máis que suficiente para mantela se as actuacións do goberno van encamiñadas na loita pola igualdade e xustiza social e non polos designios dos especuladores.

 

Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de

 

ACORDOS

 

Primeiro. O Pleno do concello de Santiago acorda demandar o Goberno central o mantemento da axuda económica de 426 euros a persoas desempregadas sen prestacións.

 

Segundo.O Pleno acorda instar o Goberno central a que non aprobe ningunha medida que supoña unha redución dos dereitos da clase traballadora.

Relacionados