Asemblea Barrio Castros-Castrillón

 

As Asembleas de barrios non son actos convencionais, pois a diferenza do resto de forzas políticas nós non queremos que nos escoitedes, senón escoitarvos a vos. A veciñanza está a valorar moi positivamente esta iniciativa como o demostra a participación da veciñanza na asemblea de barrio Maios-Sagrada Familia, onde moitos asistentes tiveron que seguir o acto de pe, debido a que a afluencia de veciños e veciñas desbordou as expectativas iniciais.

 

Defendemos a participación cidadá e os orzamentos participativos como ferramenta para outorgar maior poder de decisión a veciñanza e así, avanzares cara unha democracia participativa, e dicir a democracia real. Por iso, estas asembleas nacen coa intención de fomentar o proceso de empoderamento da cidadanía que estamos a emprender dende Esquerda Unida, proceso difícil pero necesario no que todos e todas temos que ir aprendendo

 

O formato do acto consiste en breves intervencións iniciais dos poñentes para explicar o proceso de participación cidadá e unhas breves pinceladas das nosas propostas, para de seguido comezar unha asemblea aberta na que todos e todas poden participar con propostas, suxestións, preguntas ou calquera tipo de achega, para abrir un debate sobre os problemas do barrio en particular e da cidade e o Estado en xeral.

 

A coalición EU-V comprométese a asumir e defender as propostas para o barrio que a asemblea elixa democraticamente, sempre e cando estas non están en contra da nosa liña política.

 

Esquerda Unida emite os seus actos en directo a través de USTREAM, podes seguir dende aquí a Asemblea dos Mallos-Sagrada

 

Relacionados