Asemblea Foro Galego de Inmigración

 

A Asemblea baixo o lema: Repensar a nosa práctica asociativa pretende analizar  a realidade do asociacionismo inmigrante en Galicia, e a participación social deste colectivo, para propoñer propostas e alternativas utís para as persoas e as asociacións de migrantes. Ademais unha Declaración do Foro, recollerá as principais demandas e propostas traballadas no último ano: Loita contra o cambio da Lei de Estranxeiría; contra a persecución das persoas inmigrantes en situación irregular; apoio á despenalización do top-manta; alternativas á actual política en temas de inmigración da Xunta de Galicia; denuncia de actuacións discriminatorias contra o colectivo ou posicionamento contra a tentativa de limitar o empadroamento.

 

As 13:30 h. dese mesmo domingo terá lugar no Cantón Ferrolán a concentración con lectura do Manifesto.

Relacionados