Esquerda Unida pídelle cordura e un pouco de man esquerda, isto é social, ao Goberno Municipal. Tras esta nova intentona fallida cómpre que o Goberno abra un período de reflexión e renuncie, alomenos temporalmente, a concesionar a cafetería en superficie. Estamos diante dun Goberno que esgota o seu mandato e o fai nunha Praza de enorme valor simbólico para a cidade. Praza que tememos non estea rematada antes de expirar o mandato municipal. Praza que merece que non haxa máis ocorrencias. Praza que xa viu improvisacións e oportunismos abondo. Nós pedimos que se rematen os traballos en superficie e máis nada neste tres meses que restan ate as eleccións.
Esquerda Unida reclama que aproveitemos esta período de reflexión para definir que uso social e veciñal podemos darlle a este espazo non concesionado en superficie. Moitas son as entidades e usos susceptibles de encher de vida social a Praza de España. Falemos co asociacionismo da cidade para decidir, propiciemos a participación alén das fotografías e a retórica, constrúamos unha cidade entre todas e todos.