mugardos.gif - 5.87 Kb

Camiño Grande

Nós cumprimos, Camiño Grande podería ter abastecemento de auga dende o ano 2006 porque os cartos estaban dispoñibles (grazas ó voto favorable de tódolos grupos muncipais), tamén teríamos aprobado o convenio co Concello de Fene xa que a auga virá de Limodre  cruzando a rotonda.

 

Fartos de preguntar e de esperar unha resposta, no ano 2010 presentamos unha moción xunto co resto dos grupos municipais para demandar do Sr.Alcalde axilidade na sinatura do convenio co Concello de Fene para que os/as veciños/as tiveran auga.

A resposta do Sr. Alcalde foi: “iso está en marcha”.

O problema é que está en marcha dende o ano 2006, e ninguén sabe o por qué do goberno municipal para castigar ós/ás veciños/as de San Xoán sen abastecemento de auga durante catro anos.

O Presidente da Comisión de Obras dicía no Pleno por aquel entonces: “40.000 € van destinados a reposicións”, “ si finalmente (A Xunta) non fixera as beirarrúas nun prazo curto de tempo, as reposicións haberá que facelas”.

Relacionados