Concentración pola educación

Enmiscuídas no proxecto de Refundación da Esquerda, unha vez máis o foro feminista falando nos, participa activamente na loita conxunta, desta vez pola defensa do ensino público.

 

Son moitos os centro educativos que viron mermados notablemente os recursos (tanto humanos coma materiais) dos que dispuñan, fálase da reducción de ata 900 mestres e os seus consecuentes recortes (talleres, bibliotecas, asignaturas optativas…).

 

Consideramos necesaria a nosa participación nestas protestas que dende a esquerda se dirixen cara a defensa de todo o sector público que nos están a desmantelar.

 

Facemos unha chamada á participación na loita contra os recortes do sector público.

Relacionados